Voluntariado nos xardíns da igrexa de San Francisco.

b0257d35-5df6-48ae-b62d-c2caebae188b

Este fin de semana puxemos en marcha un proxecto orientado á habilitación dun xardín e dun horto urbano, na parcela situada ao pé da ábsida da igrexa conventual de San Francisco.

O proxecto está a ser executado, baixo a dirección e supervisión dun técnico profesional, polo equipo de voluntarios da asociación que recibiron formación previa nos ámbitos da horticultura e a xardinería. A estes traballos tamén se sumaron membros da Asociación Familia Aberta que serán os responsables do mantemento futuro do xardín e do horto resultante desta intervención.

O obxectivo do proxecto non só busca a recuperación estética deste espazo, situado en plena zona monumental, senón tamén mellorar a biodiversidade urbana polo que se instalarán casetas para paxaros e os denominados hoteis de insectos. Outro aspecto que persegue o proxecto é o de transformar este espazo nun lugar de encontro, por iso desde a Asociación Porta da Vila estámos a darlle especial importancia á participación dos voluntarios tanto na execución da actuación como no seu futuro mantemento.

Esta actividade, está financiada pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia, a través do seu programa Iniciativa Xove. E conta coa colaboración da Provincia Franciscana de Santiago.

Todo os interesados en sumarse ao noso equipo de voluntarios, podédelo facer escribindo a asociacionportadavila@gmail.com

 

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s